Os logotipos doutras empresas moi coñecidas
"What's in a name?", díxolle Xulieta ao seu Romeo...
Que importancia ten un nome? E un logo? |
É evidente ca Xulieta shakespeareana non tiña moito futuro coma publicista ou experta en mercadotécnia. Nin os Montescos nin os Capulettos sabían vender visualmente a súa imaxe familiar!
Pero nós si coñecemos o valor dunha boa imaxe de empresa ou produto, e por iso ofrecemos aquí unha escolma de logos relacionados con empresas que transportan as súas mercadorías por ferrocarril e que forman parte tamén da nosa experiencia visual diaria.